Loading...

Zaramacedo

Un momento especial ao longo de todo o ano, sen lugar a dúbidas é a festa de fin de tempada que se celebra, ano tras ano, en Zarramacedo, nas instalación que o Colexio Xuventude ten neste lugar. 

Esta festa, comezou a súa andaina nos primeiros anos do presente século, celebrándose no ano 2003/04, e debido ao mal tempo, nas dependencias que o clube ten no Estadio de San Lázaro. Os membros da directiva que organizaron esa festa en San Lázaro lembran que o menú consistía en churrasco e criollos, regados con abundante viño, festa a que acudiron mais de cen persoas, o que por aquel entonces se consideraba un éxito.

Co paso dos anos, esta festa foise consolidando entre toda a familia que forma o Victoria. É o lugar de encontro de todos os xogadores, adestradores, familiares e directiva, nunha longa xornada, que para moitos, comeza as 12 da máña e remata cando xa se pon o sol, pero para un grupo reducido comeza moito antes.





O último