Loading...

Campaña de Valores

#futFEMinízate, Goleada de Valores

No ano 2018 púxose en marcha unha iniciativa pioneira no fútbol de Compostela que pretende coidar ao máximo todos os elementos que interveñen nunha actividade deportiva onde a formación técnica e táctica estará sempre unida á humana e á persoal establecendo como unha das metas principais a promoción, aceptación e desenvolvemento de valores e hábitos positivos que lles axuden no seu presente e lles preparen sobre todo de cara ó futuro.

 

Xogando con valores

No 2019 xorde a campaña de traballo para o fútbol base en valores coas familias, xogadoras/es e corpo ténico do clube. Exténdese así unha campaña que naceu a pasada tempada co nome de Futfeminízate e que tivo como obxetivo a promoción do fútbol femenino na cidade de Santiago.

Durante varios meses ao longo do ano traballaranse a través de experiencias deseñadas distintos valores como o respeto, o traballo en equipo, a disciplina, a deportividade e a igualdade. 

O último